martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz. Esta data conmemora a morte de Mahatma Gandhi, un líder nacional  e espiritual da India que morreu asasinado a tiros hai agora 67 anos. 


Por todo o colexio pódese ver o resultado do traballo de todos os nenos e nenas. Os murais e portas das aulas aparecen cheos de mensaxes positivas. 







Tamén investigaron cales son os símbolos de paz máis coñecidos e a orixe do Premio Nobel da Paz así como algúns nomes importantes nesta categoría. 



O alumnado de Primaria preparou uns poemas de Antonio García Teijeiro que recitaron no salón de actos do Edificio da Senra. 


Como acto final, os nenos de primeiro e segundo de Primaria soltaron unhas pombas mensaxeiras. 







jueves, 25 de enero de 2018

MARTIN HUTCHINSON: "O CAMIÑANTE VERDE"

Martin Hutchinson é coñecido como "o camiñante verde" ou "o Forrest Gump" medioambiental. É un exbombeiro británico que leva doce anos recorrendo o planeta para concienciar a xente sobre os efectos nocivos da contaminación e o cambio climático. 
A súa peregrinación a pé empezou en Sudamérica para dar logo o salto a Europa que recorre nunha bicicleta. Non está só, leva un fiel compañeiro, o seu can Starsky que atopou abandonado na localidade lusa de Portimao e decidiu adoptalo.
Hoxe veu ao noso colexio para comentar as consecuencias directas que ten o desastre medioambiental sobre a nosa saúde. Os rapaces e rapazas fixéronlle varias preguntas que el contestou encantado. Starsky recibiu numerosas mostras de cariño por parte do alumnado.

MOITAS GRACIAS MARTIN!










martes, 23 de enero de 2018

COLABORACIÓN CON BIBLIOTECA ESCOLAR

Onte empezou a axudar na biblioteca o alumnado colaborador que participa no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, correspondente a este curso 2017/2018.
Nesta modalidade de participación, contamos con alumnos e alumnas colaboradores dos niveis de quinto e sexto de Primaria e ESO. Esta colaboración ten un carácter totalmente altruista. 
Nun primeiro contacto cos voluntarios e voluntarias, comentamos as obrigas que teñen pero tamén as actividades nas que participarán activamente. Levan unhas acreditacións que os identifican como alumnado voluntario e, ao final, recibirán uns diplomas aceditativos da súa participación. 
Aquí van unhas fotiños para que vexades como axudan! MOITAS GRACIAS RAPACES!





viernes, 12 de enero de 2018

NADAL 2017

Ía sendo hora de que puxeramos a mostra dos traballos do nadal!!!!