miércoles, 24 de octubre de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca pero tamén da Biblioteca Escolar. Nesta data tan sinalada, queremos publicar o vídeo que gravaron na biblioteca a finais do curso pasado, sendo o noso centro un dos catro que empezou o proxecto Plan Lía 2.0.
Este vídeo foi publicado na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia xunto co dos outros tres colexios que participaron neste Plan.

Esperamos que vos guste! Moitas grazas a tod@s os que participastes!



Ademais, coincidindo con este día, o alumnado de Primaria recomendou un libro que lles gustou a través do debuxo que fixeron da súa portada; e os de Secundaria fixeron unha crítica curta de cada libro.








miércoles, 10 de octubre de 2018

FORMACIÓN DE USUARIOS

A finais da semana pasada, os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro de Primaria baixaron á biblioteca. 
Alí explicáronlles como tiñan que facer para emprestar ou devolver un libro, como colocalos no seu andel correspondente, como localizar os libros axeitados á súa idade, cómics, películas, ...O préstamo para o alumnado de primeiro e segundo é feito de xeito manual polos voluntarios da biblioteca; mentres que o de terceiro é informatizado pero coa colaboración dos axudantes que temos. 
Ademais, fíxolles moita ilusión recoller os seus carnés e, sobre todo, que a biblio volvese abrir despois do verán. 




lunes, 8 de octubre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa saíron as mochilas viaxeiras rumbo ás casas dos nenos e nenas. Levan unha selección de libros (en galego, castelán e inglés) e unha revista e película feita polo equipo de biblioteca.
Esperamos que vos gusten e gocedes delas en familia! 
















COMEZA UN NOVO CURSO 2018-2019

Xa estamos de volta!!
Comezou un novo curso e este ano, o proxecto que plantexamos desde a nosa biblioteca leva por título " O futuro nas túas mans". 
Aproveitamos os primeiros días de colexio para organizar unha parte do traballo do trimestre: preparamos as mochilas viaxeiras, fixemos os carnés dos novos usuarios,  revisamos as bibliotecas de aula, buscamos axudantes de biblioteca, etc.
Pouco a pouco iremos  collendo ritmo! 


EXPOSICIÓN FINAL E VISITA DO CRA

Pechamos o curso pasado coa exposición final da campaña "Está de moda..." que recolle os traballos que elaboraron os diferentes niveis de primaria e secundaria. 
Como cada ano, recibimos a visita do alumnado das escolas unitarias que forman o CRA de Bergondo que o vindeiro ano estarán con nós. Eles tamén quixeron expoñer o que traballaron. 

Moitas grazas a tod@s!


















VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

O curso pasado participamos no programa "Voluntariado escolar na biblioteca" para o alumnado de primaria e secundaria. Tivo gran acollida entre os rapaces que axudaron a decorar, facer os empréstitos e devolucións, buscar e colocar os libros nos diferentes andeis, forrar, ... Esperamos poder repetir o vindeiro curso. 

Moitas grazas a tod@s!! 



ENCONTRO CUNHA ESCRITORA: CRISTINA BARRIO

O curso pasado, Cristina Barrio, mestra xubilada do CPI Cruz do Sar, pasou unha mañá cos nenos e nenas de quinto de primaria que descubriron a súa faceta literaria. Leron varios relatos do seu libro "Totum Revolutum", fixéronlle algunhas preguntas e reflexionaron con ela sobre diferentes aspectos da vida.