miércoles, 28 de noviembre de 2018

BBLIOTECAS CREATIVAS

Este ano participamos no programa Bibliotecas Creativas o que quere dicir que, entre outras cousas, recibimos catro escornabots para poder iniciar na robótica aos alumnos do centro. Despois de acudir ao curso de formación os alumnos montaron os robots. 

Comenzamos cos máis pequenos, 1º e 2º de Educación Primaria, e unha actividade chamada A Familia. Os xogadores deben localizar e recoller as tarxetas cos membros da familia que se corresponden coa súa. Unha vez que conseguen as tarxetas, deben falar brevemente da súa familia e facer unha pequena descripción. Para rematar, deben dirixir o escornabot á casa.
O xogo pode complicarse de distintos xeitos: engadindo tarxetas de cor que se considerarán obstáculos, realizar os movementos segundo os números dun dado, ...






Tamén preparamos unha actividade para os máis maiores que ten a forma dun xogo de estratexia.





Os nenos e nenas de 2° de E.P. puxéronse mans á obra e están a facer diferentes plantillas para xogar cos escornabots.









miércoles, 7 de noviembre de 2018

OBRADOIROS DE CONSUMO E PUBLICIDADE

Onte tiveron lugar nas aulas e na biblioteca varios obradoiros de consumo e publicidade impartidos pola Escola Galega do Consumo. Estas actividades están dirixidas a todos os nenos e nenas de Ed. Primaria coa finalidade de impulsar e desenrolar a educación e a formación das persoas consumidoras. 
Traballaron dun xeito práctico diferentes temáticas como a publicidade, xoguetes, consumo, información que aparece nunha etiqueta, ...que conforman o consumo responsable.

- 1° Ed. Primaria: os nenos e nenas deste nivel participaron activamente nunha charla moi motivadora sobre a igualdade na publicidade. Fixo que se decatasen de que a publicidade non conta toda a verdade e que os anuncios fan que queiran cousas sen pensar, por copiar o que sae neles.

- 2° Ed. Primaria: primeiro repartíronlles unhas láminas con cousas que tiñan que clasificar como xoguetes ou non xoguetes (por exemplo: bici, balón, fútbol, colar, puzle, consola, ...). Despois explicáronlles as etiquetas dos xoguetes. A etiqueta ADVERTENCIA (ideade, materiais, ...). Finalmente, fixeron un xoguete: unha medusa (con pratos de cartón e tiras de cores de papel seda e pinocho e gomets. Unha vez rematados, puxéronlles a etiqueta feita por eles. 

- 3°-4° Ed. Primaria: o alumnado destes niveis traballou os contidos relacionados coa publicidade (música, cores, slogan). Visualizaron un par de vídeos de anuncios publicitarios para comprender mellor a linguaxe e os recursos utilizados e, por grupos, elaboraron un anuncio que ao final tiveron que expoñer. 

- 5°-6° Ed. Primaria: traballaron no obradoiro de consumo, acerca da información quede debe aparecer nunha etiqueta.











 Moitas grazas! 


SAMAÍN

O mércores pasado celebramos o Samaín, festa coa que os celtas celebraban o paso do ano e a fin das colleitas. Coincidía coa noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar aos familiares aínda vivos.

A Biblioteca xunto co EDNL propuxo varias actividades: 
- PORTAS DE MEDO: para todo o alumnado do  centro. Cada titoría decorou a porta da súa aula co tema do Samaín ou Magosto. 
- DEBUXAMOS DE MEDO: para o alumnado ata terceiro de Ed. Primaria. Entre todos os debuxos presentados, escollerase algún co que se elaborará o adhesivo de Samaín deste curso.
- RELATOS TERRORÍFICOS: para o alumnado de 3° a 6° de Ed. Primaria e Secundaria. Poderán presentarse relatos escritos ou en vídeo. 
- CAIXA DOS MEDOS: preparamos tarxetas para que os nenos e nenas, de xeito anónimo, escribisen cal é o seu maior medo, que logo depositaron na " Caixa dos Medos" que se colocou na biblioteca. Logo fixemos unha selección dos máis curiosos para expoñer. 
- EXPOSICIÓN DE CABAZAS: con todas as cabazas decoradas, montamos a tradicional exposición.

Moitas GRAZAS a tod@ s pola vosa participación!









A