martes, 11 de diciembre de 2018

CONSTRUÍNDO " CÚPULAS AUTOSOSTIBLES"

A semana pasada o alumnado de quinto de Primaria tivo unha actividade diferente (e tan diferente...). Puideron construír estructuras ideadas por Leonardo da Vinci: "cúpulas autosostibles". Estas estructuras levántanse sen ningún tipo de subxección e se manteñen unidas grazas ao seu propio peso e a acción da gravidade. 
Son, por tanto, estructuras recíprocas nas que os elementos que as compoñen están apoiados entre sí.

O mestre fixo grupos de seis ou sete nenos e facilitoulles unha folla cun modelo de cúpula e unhas instruccións breves. A construcción e utilización deste recurso educativo esixe un traballo cooperativo, de imaxinación espacial,de seguimento dun patrón, ...ademais de ser unha proposta innovadora que mestura conceptos relacionados coa xeometría, arte e historia.

Foi un ÉXITO!