viernes, 18 de enero de 2019

INMERSOS NA NATUREZA

Onte levouse a cabo unha actividade combinada co alumnado de 3º e 5º de primaria na biblioteca. 
O alumnado de quinto preparou información sobre a clasificación das follas segundo os diferentes aspectos (forma, bordo, nervios, disposición no talo..). Elaboraron uns carteis nos que se amosaban os diferentes tipos de follas con exemplos. 
Os nenos de terceiro baixaron con cadansúa folla e foron pasando polos diferentes grupos onde o alumnado lle foi explicando para que clasificasen a súa folla. 

Gran traballo en equipo! Hai que repetir! 







NOVOS ESPAZOS NA BIBLIOTECA

Os novos espazos da nosa biblioteca permiten levar a cabo todo tipo de actividades, grazas á zona aberta e diáfana da grada. Ademais, temos unha pantalla dixital interactiva que lles encanta!

Aquí tedes unha mostra dalgunhas delas...

* Os nenos e nenas de segundo de primaria leron o libro "Hermanos" de Rocío Bonilla (Ed. Algar). Un libro para tratar a relación entre irmáns de diferentes idades. Móstranos ese "amor-odio" dende as dúas perspectivas: a do irmán e a da irmá.  





* Tamén xogaron cos LEGOs, unha ferramenta que pode axudar a mellorar as habilidades motoras e mentais, ademais de aumentar a concentración e fomentar a creatividade.  É apta para nenos e adultos e ofrece posibilidades infinitivas...





* Os rapaces de terceiro de primaria dan a clase de matemáticas neste novo espazo. É máis divertido facer multiplicacións na pantalla interactiva! 




* O alumnado de quinto de primaria aproveitou a hora de ler para baixar a biblioteca. Están lendo "As peripecias de Extravaganzza Pérez".





NADAL NO CPI CRUZ DO SAR

Como cada ano, desde a Biblioteca, mandamos ás casas das familias a guía das recomendacións lectoras para agasallar nestas datas. 

Esperamos que vos gusten! 




 




Máis relatos terroríficos

No concurso de relatos terroríficos tamén se premiaron traballos en L. Castelá e en L. Inglesa, para animar á participación do alumnado.
Estes son son os premiados. Noraboa!





martes, 15 de enero de 2019

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Durante todo o mes de novembro celebrouse o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Nós tamén quixemos unirnos e, dende a Biblioteca e Dinamización Lingüística, propuxemos a creación dun gran abecedario científico para facer un mural xigante que se montou no edificio principal. 


O traballo consistiu en que cada grupo preparase, a través da búsqueda de información na biblioteca, a biografía e traballo dun ou varios científicos da letra que se lles asignou. 





O alumnado de ESO seguiu a proposta da profesora de matemáticas: a creación dun poema utilizando términos matemáticos. Non tiveron límite de extensión, so a recompensa de recibir 0,25 puntos máis na avaliación final de dúas asignaturas: matemáticas e lingua. 
Fixeron un cartel promocional: "Mates e lingua únense para crear o concurso do ano: o poema matemáticco".
Puxeron a proba os seus coñecementos e desafiaron as súas dotes creativas...