martes, 26 de febrero de 2019

AMOR Á LECTURA!

Déixate envolver polo amor á lectura e colle algún dos libros e películas que seleccionamos para celebrar San Valentín. Anímate! 


miércoles, 6 de febrero de 2019

martes, 5 de febrero de 2019

1 DE FEBREIRO: DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA

Desde o ano 2010, a Asociación Lit World promove o 1 de febreiro como a conmemoración anual do Día da Lectura en Voz Alta. É unha chamada de atención sobre a importancia desta práctica de lectura no desenvolvemento da linguaxe, o amor pola lectura e o fortalecemento de hábitos persoais. 

Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia podedes atopar máis información desta data  http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

Tempo para a lectura dun curso de quinto de primaria na nosa biblioteca.




FELIZ DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA! 

viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz. O alumnado voluntario de quinto de Primaria que nos axuda na biblioteca, preparou un contacontos para os máis pequenos (de primeiro a terceiro de primaria).

O conto elexido foi "A bruxa Discordia. Cancións para a paz" da Editorial Galaxia. Carmen Gil e Mamá Cabra únense para contar e cantar esta divertida historia.  Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz, facendo que todos os animais e os humanos se leven mal. Come olivas como unha tola pero un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo para sempre....




Fixérono MOI BEN!!! Moitras grazas pola vosa colaboración!!! 


Ademais, xunto co Equipo de Dinamización e Normalización Lingúística, o alumnado de Primaria e Secundaria participou na construción dun muro para a paz no edificio principal. No seu correspondente ladrillo, escribiron unha palabra, frase ou nome dun personaxe relacionado co tema. Unha vez preparada a peza tiveron que colocala para ir construíndo pouco a pouco o muro.