jueves, 7 de marzo de 2019

LOLI

Cheguei ao CPI Cruz do Sar no ano 2004, recén aprobada a oposición e, aparte dun grupo estupendo de compañeiros e compañeiras, descubrín unha biblioteca dinámica, viva, que realmente funcionaba.
Por suposto, alí estabas TI, organizándoo todo e animándome a unirme á tarefa. Non o pensei. 
Sabía que co teu empurrón, a túa forza e capacidade de traballo, nada podía fallar e non me equivoquei. 

A nosa biblioteca está unida indisolublemente a un nome: LOLI. O seu traballo é coñecido por todos incluso fóra do ámbito do noso centro. Traballadora incansable ao longo de todos estes anos á fronte do equipo da biblioteca do CPI Cruz do Sar. 

Organizaches contacontos, concursos, semana da poesía, encontros con autores, ...Conseguiches que a nosa biblioteca sexa un lugar de lecturas, traballo, investigación, recuncho de emocións, risas, bágoas, ...Recollimos o testigo do teu traballo e non foi sinxelo pero ahí estamos, tentando manter o nivel. 

Neste momento, sobran as palabras, e só podemos expresar a admiración e o cariño que temos por ti cunha soa palabra, sinxela, curta, pero dita desde o corazón e a alma:


GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS! 


Ana e Eli