miércoles, 6 de febrero de 2019
martes, 5 de febrero de 2019
1 DE FEBREIRO: DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA
Desde o ano 2010, a Asociación Lit World promove o 1 de febreiro como a conmemoración anual do Día da Lectura en Voz Alta. É unha chamada de atención sobre a importancia desta práctica de lectura no desenvolvemento da linguaxe, o amor pola lectura e o fortalecemento de hábitos persoais.
Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia podedes atopar máis información desta data http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
Tempo para a lectura dun curso de quinto de primaria na nosa biblioteca.
FELIZ DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA!
viernes, 1 de febrero de 2019
DÍA DA PAZ
O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz. O alumnado voluntario de quinto de Primaria que nos axuda na biblioteca, preparou un contacontos para os máis pequenos (de primeiro a terceiro de primaria).
O conto elexido foi "A bruxa Discordia. Cancións para a paz" da Editorial Galaxia. Carmen Gil e Mamá Cabra únense para contar e cantar esta divertida historia. Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz, facendo que todos os animais e os humanos se leven mal. Come olivas como unha tola pero un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo para sempre....
Fixérono MOI BEN!!! Moitras grazas pola vosa colaboración!!!
Ademais, xunto co Equipo de Dinamización e Normalización Lingúística, o alumnado de Primaria e Secundaria participou na construción dun muro para a paz no edificio principal. No seu correspondente ladrillo, escribiron unha palabra, frase ou nome dun personaxe relacionado co tema. Unha vez preparada a peza tiveron que colocala para ir construíndo pouco a pouco o muro.
viernes, 18 de enero de 2019
INMERSOS NA NATUREZA
Onte levouse a cabo unha actividade combinada co alumnado de 3º e 5º de primaria na biblioteca.
O alumnado de quinto preparou información sobre a clasificación das follas segundo os diferentes aspectos (forma, bordo, nervios, disposición no talo..). Elaboraron uns carteis nos que se amosaban os diferentes tipos de follas con exemplos.
Os nenos de terceiro baixaron con cadansúa folla e foron pasando polos diferentes grupos onde o alumnado lle foi explicando para que clasificasen a súa folla.
Gran traballo en equipo! Hai que repetir!
NOVOS ESPAZOS NA BIBLIOTECA
Os novos espazos da nosa biblioteca permiten levar a cabo todo tipo de actividades, grazas á zona aberta e diáfana da grada. Ademais, temos unha pantalla dixital interactiva que lles encanta!
Aquí tedes unha mostra dalgunhas delas...
* Os nenos e nenas de segundo de primaria leron o libro "Hermanos" de Rocío Bonilla (Ed. Algar). Un libro para tratar a relación entre irmáns de diferentes idades. Móstranos ese "amor-odio" dende as dúas perspectivas: a do irmán e a da irmá.
* Tamén xogaron cos LEGOs, unha ferramenta que pode axudar a mellorar as habilidades motoras e mentais, ademais de aumentar a concentración e fomentar a creatividade. É apta para nenos e adultos e ofrece posibilidades infinitivas...
* Os rapaces de terceiro de primaria dan a clase de matemáticas neste novo espazo. É máis divertido facer multiplicacións na pantalla interactiva!
* O alumnado de quinto de primaria aproveitou a hora de ler para baixar a biblioteca. Están lendo "As peripecias de Extravaganzza Pérez".
NADAL NO CPI CRUZ DO SAR
Como cada ano, desde a Biblioteca, mandamos ás casas das familias a guía das recomendacións lectoras para agasallar nestas datas.
Esperamos que vos gusten!
Máis relatos terroríficos
No concurso de relatos terroríficos tamén se premiaron traballos en L. Castelá e en L. Inglesa, para animar á participación do alumnado.
Estes son son os premiados. Noraboa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)