martes, 12 de mayo de 2009

UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO " A PREGUNTA DO DÍA"

IV CONCURSO
“A PREGUNTA DO DÍA”

Do 25 de maio ó 5 de xuño 2009

INSCRICIÓN DE CONCURSANTES

● Poderán participar no concurso todos os alumos e alumnas de 5º e 6º de primaria (categoría A), primeiro ciclo da ESO (categoría B) e segundo ciclo da ESO (categoría C).

● O número de participantes por equipo será dun máximo de catro e un mínimo de dous.

● A inscripción de equipos deberá facerse na Biblioteca ata as 13:00 horas do martes 19 de maio.

PREMIOS

● Haberá tres premios, un por categoría, por un valor de 100 euros por equipo, para cambiar por material deportivo ou de librería.

BASES XERAIS

● O concurso consiste en responder á pregunta do día.

● Cada día, de luns a xoves, ás 11:00 horas, publicarase no taboleiro da biblioteca unha pregunta.

● Os equipos terán 24 horas para contestar a pregunta, podendo nese tempo consultar calquera fonte informativa que desexen.

● O equipo que resolva a pregunta e entregue a contestación por escrito na biblioteca antes das 11:30 horas do día seguinte, gañará 1 punto.

● Só se admite unha resposta por equipo.

● O profesorado non poderá resolverlles a pregunta, podendo únicamente orientalos sobre o tipo de documentos a consultar. Se o Xurado detecta outro tipo de axuda descualificará ao equipo infractor.

● O Xurado publicará ao día seguinte a contestación correcta á pregunta.

● O equipo que ao final acade máis puntos será o gañador do concurso.

● O equipo gañador deberá acadar un mínimo de 6 puntos, senón o premio quedará deserto.

● Ao remate do concurso, e no caso de empate, celebrarase un desempate.


Bergondo, a 11 de maio de 2009

lunes, 27 de abril de 2009


CHARLA-COLOQUIO CON MARÍA MÉNENDEZ-PONTE.


Hoxe pola tarde no salón de actos da Senra celebramos unha charla-coloquio coa escritora María Menéndez-Ponte.

O acto organizado polo Dpto. de Lingua Castelá e a Comisión de Biblioteca contou coa participación do alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e resultou moi interesante.

María Menéndez foi preguntada sobre aspectos da creación literaria das súas obras: a inspiración na creación de personaxes, a invención das tramas e os aspectos sociales que se introducen na narración......
Se che interesa coñecer máis da súa obra, aquí tés o enlace á súa páxina http://www.geocities.com/maria_menendezp/


miércoles, 22 de abril de 2009

23 de abril
DÍA DO LIBRO

Para conmemorar esta data haberá actividades polas aulas e unha magnífica exposición de libros na entrada principal do cole. Nela poderás ver: libros de arte, diarios, libros con olores, libros con suspense, libros con sons, libros con premio, os nosos libros, libros novísimos, libros escritos por profesoras do centro........
¡En fin, libros, libros, libros e máis libros !

Neste día conmemórase o día internacional do libro e dos dereitos de autor (o famoso "copyright" ). Para saber máis podes ciclar neste enlace http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro

viernes, 27 de marzo de 2009

NOVIDADES PARA SECUNDARIA

Molly Moon detiene el mundo. Georgia Byns. Edit. SM
Dos velas para el diablo. Laura Gallego. Edit. SM
Paseo por el tiempo. Terremotos. Edit. SM.

NOVIDADES DE PRIMARIA