lunes, 2 de noviembre de 2009

SAMAÍN 2009

Podes ver fotos do samaín deste ano
no apartado de álbumes do blog.
Samaín 2009

miércoles, 28 de octubre de 2009

NOVIDADES

TEMA MONOGRÁFICO DE "AMÉRICA"
Películas:
Estas son os novos DVDs que tés ao teu dispór para saber máis sobre o tema monográfico deste ano.

Estación Central de Brasil
Autor/es: Salles, Walter / Carneiro, Joáo Emanuel / Carvalho, Walter / Pinto, Antonio / Montenegro, Fernanda / Pêra, Marilia / De Oliveira, Vinicius
Diarios de motocicleta
Autor: Walter Salles.
Editorial: DeAPlaneta Home Entertainment [2004]
El amor en los tiempos del cólera
Autor: Mike Newell
Editorial: distribuido por Aurum Producciones [2008]
Materias: Amor
La casa de los espíritus
Autor/es: August, Bille
Editorial: Tripictures [2005] Materias:
Cine - Drama
Guantanamera
Autor/es: Gutiérrez Alea, Tomás / Tabio, Juan Carlos
Editorial: Cameo Media 2004 Serie: Cine público II
Materias: Comedia
Nueve reinas
Autor/es: Bielinsky, Fabián / Bossi, Pablo / Darín, Ricardo / Pauls, Gastón / Brédice, Leticia
Editorial: Manga Films D.L 2008 Serie: Cine Público
Materias: Cine argentino - Videodiscos
La ley de la calle
Autor/es: Coppola, Francis Ford
Editorial: Universal Pictures Iberia [2003]
Materias: Cine - Drama
La casa de los espíritus
Autor/es: August, Bille
Editorial: Tripictures [2005]
Materias: Cine - Drama
La joven de la perla
Autor/es: Webber, Peter
Editorial: DeAplaneta D.L. 2004
Materias: Cine - Drama
El cartero (y Pablo Neruda)
Autor:Michael Radford
Editorial: Buena Vista Home Entertainment D.L. 2002
Juno
Autor/es: Reitman, Jason / Page, Ellen / Cera, Michael / Garner, Jennifer
Editorial: Twentieh Century Fox cop. 2008
Materias: Cine de comedia
Machuca
Autor/es: Wood, Andrés
Editorial: Cameo Media D.L. 2004

sábado, 24 de octubre de 2009

viernes, 25 de septiembre de 2009

COMEZA UN NOVO CURSO

Estamos a comezar o curso 2009/2010 que esperamos que sexa interesante e productivo para todos.
Dende a Biblioteca dámosvos a benvida e agardamos que sigades lendo tanto como fixestes nos cursos pasados.
Temos moitas novidades das que vos iremos dando conta a través do Blog.
As primeiras van deseguido:
PARA SECUNDARIA
- " Los cachorros" Marío Vargas LLosa. Ediciones Cátedra.
- " Todo el amor " Pablo Neruda. Colección Visor de Poesía.
- " Los mejores poemas de amor" Pablo Neruda. Edit. Lumen
- " Lejos de Fin" Luis María Pescetti. Alfaguara.
- " La casa de la Colina Negra" Alfaguara.

PARA PRIMARIA
- " El camión de los bomberos" Círculo de lectores.
- " La fabulosa leyenda del Rey Arturo" Jordi Sierra i Fabra, Francesc Rovira. Edit. Edebé.
- Colección Irene y Pablo. Música y emociones. Edit. SM.
- " O monstro peludo" Henriette Bichonnier. Edit. Tambre.
- "Contos con sombreiro" Ana Mª Fernández Paz. Edit.Planeta Oxford. Colec. Camaleón.
- " Mambrú, cociñeiro de perfumes" Xosé A. Neira Cruz. Edit. Planeta Oxford. Colec. Camaleón.

martes, 12 de mayo de 2009

UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO " A PREGUNTA DO DÍA"

IV CONCURSO
“A PREGUNTA DO DÍA”

Do 25 de maio ó 5 de xuño 2009

INSCRICIÓN DE CONCURSANTES

● Poderán participar no concurso todos os alumos e alumnas de 5º e 6º de primaria (categoría A), primeiro ciclo da ESO (categoría B) e segundo ciclo da ESO (categoría C).

● O número de participantes por equipo será dun máximo de catro e un mínimo de dous.

● A inscripción de equipos deberá facerse na Biblioteca ata as 13:00 horas do martes 19 de maio.

PREMIOS

● Haberá tres premios, un por categoría, por un valor de 100 euros por equipo, para cambiar por material deportivo ou de librería.

BASES XERAIS

● O concurso consiste en responder á pregunta do día.

● Cada día, de luns a xoves, ás 11:00 horas, publicarase no taboleiro da biblioteca unha pregunta.

● Os equipos terán 24 horas para contestar a pregunta, podendo nese tempo consultar calquera fonte informativa que desexen.

● O equipo que resolva a pregunta e entregue a contestación por escrito na biblioteca antes das 11:30 horas do día seguinte, gañará 1 punto.

● Só se admite unha resposta por equipo.

● O profesorado non poderá resolverlles a pregunta, podendo únicamente orientalos sobre o tipo de documentos a consultar. Se o Xurado detecta outro tipo de axuda descualificará ao equipo infractor.

● O Xurado publicará ao día seguinte a contestación correcta á pregunta.

● O equipo que ao final acade máis puntos será o gañador do concurso.

● O equipo gañador deberá acadar un mínimo de 6 puntos, senón o premio quedará deserto.

● Ao remate do concurso, e no caso de empate, celebrarase un desempate.


Bergondo, a 11 de maio de 2009