martes, 16 de marzo de 2010

MIGUEL DELIBES: UN DOS GRANDES NARRADORES


O pasado 12 de marzo faleceu na súa casa de Valladolid o escritor Miguel Delibes.
A literatura castelá perde un dos seus máis importantes narradores.
Como a mellor maneira de achegarse a un escritor é ler as súas obras, lembrámosche que na biblioteca do centro tés libros que che poden interesar.

A continuación podes ler un fragmento dunha coñecida novela de Delibes "El camino"
"Pero a Daniel, el Mochuelo, le bullían muchas dudas en la cabeza a este respecto. Él creía saber cuanto puede saber un hombre. Leía de corrido, escribía para entenderse y conocía y sabía aplicar las cuatro reglas. Bien mirado, pocas cosas más cabían en un cerebro normalmente desarrollado. No obstante, en la ciudad, los estudios de Bachillerato constaban, según decían, de siete años y, después los estudios superiores, en la Universidad, de otros tantos años, por lo menos. ¿Podría existir algo en el mundo cuyo conocimiento exigiera catorce años de esfuerzo, tres más de los que ahora contaba Daniel? "

viernes, 12 de marzo de 2010

ANIMACIÓN Á LECTURA-PROXECTO AMÉRICA on PhotoPeach

O CÓNDOR PERCORRE A NOSA AMÉRICA


O cóndor está a percorrer infatigable os paises da nosa América. Nuns casos ao chegar ao país deixa algunha tarefa para coñecermolo mellor. Noutros casos vai deixando pistas para adiviñar o país no que se atopa.


O cóndor xa visitou Arxentina (1º B), Brasil (1ºA), Venezuela (2º A), República Dominicana (2º B), Colombia (3ºA), Chile (3º B) e Ecuador (4ºA).


Na súa visita podemos oír o conto "Hamamelis y el secreto", do escritor venezolano Ivair da Coll.


viernes, 5 de febrero de 2010

CADA OVELLA COA SÚA PARELLA



Cada ovella


coa súa parella
18 de febreiro 2010
CPI Cruz do Sar de Bergondo

Le os poemas que están expostos.

Elixe un.

Colle a pegatina cun fragmento do poema.

Busca o compañeiro ou compañeira que teña o outro fragmento.

Collede un libriño e pegade os dous fragmentos na orde correcta.

Poñede os vosos nomes no espazo correspondente.

Metede o libriño no buzón e…

Se o fixestes ben teredes unha inesquencible sorpresa.

martes, 2 de febrero de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS on PhotoPeach

DÍA DA PAZ


O pasado venres, 29 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz. O alumnado de primaria, dirixido por Manuel e José Antonio, profesores de E. Física; executou dúas danzas, unha polos alumnos de 1º a 3º e outra polos de 4º a 6º. En ámbolos casos resaltou a calidade na execución dos distinto movementos. Para rematar o acto, todos xuntos entonamos a canción de Roberto Carlos: "Un millón de amigos"

Podes ver as fotos no apartado de álbumes.