jueves, 1 de diciembre de 2011

PREMIO CERVANTES 2011

Nicanor Parra, poeta chileno de 97 anos, foi o gañador do PREMIO CERVANTES 2011.
Se queres ler algún poema seu clica no seguinte enlace:
http://amediavoz.com/parra.htm

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Dentro da campaña deste ano, podedes ver os primeiros  traballos feitos polo alumnado de primaria.
BODEGÓNS on PhotoPeach


martes, 15 de noviembre de 2011

A MOCHILA VIAXEIRA



Un curso máis a mochila viaxeira sae cara as casas do alumnado de primaria.
Cada unha vai cargada de libros para que na  casa poidades ler ti  mais a túa familia.
Tamén queremos que escribas as túas impresións e suxerencias na libreta que os acompaña. Coas aportacións de cada familia poderemos mellorar.
¡Que o drisfutedes!

jueves, 3 de noviembre de 2011

viernes, 21 de octubre de 2011

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE LAS LETRAS 2011

Hoxe entregouse o Premio Príncipe de Asturias das Letras 2011 ao poeta, novelista e cantante canadiano LEONARD COHEN.
Aínda que empezou como poeta e novelista, na actualidade é moito máis coñecido pola súa faceta de cantante.
No que toca á súa relación con España e a literatura española, Cohen manifesta a súa grandísima admiración polo poeta Federico García Lorca.
Ten musicados varios poemas do autor granadino que foron éxitos musicais e dos que se fixeron múltiples versións.
Nos dous vídeos que tés a continuación podes escoitar o poema de Lorca "Pequeno vals vienés" interpretado por Cohen e por Ana Belén.


miércoles, 12 de octubre de 2011

ALGUNHAS DIRECCIÓNS WEBS DE MUSEOS

http://www.googleartproject.com// (visitas virtuais polos grandes museos do mundo)


http://www.museodelprado.es// (dispón de obras do museo online)

http://www.museoreinasofia.es//index.html (Museo Reina Sofía de Madrid)

http://www.museothyssen.org/thyssen/home (Museo Thyssen en Madrid)

http://www.louvre.fr/llv/commun/home.jsp (web do Louvre en París)

http://www.britishmuseum.org/ (Museo británico de Londres)

http://www.hermitagemuseum.org/html_En/index.html ( Museo de L´Hermitage en San Petersburgo-Rusia) (Dispón de visita virtual)

http://www.metmuseum.org/ (Museo metropolitano de arte de New York)

http://www.moma.org/ (Museo de arte moderno de New York)

http://museobelasartescoruna.xunta.es//index.php?id=192 (Museo de Belas Artes de A Coruña)

http://www.guggenheim-bilbao.es/ (Museo Guggenheim en Bilbao)

viernes, 23 de septiembre de 2011

PRIMEIRAS NOVAS DO CURSO 2011/2012

Estamos de volta. Saúdos a todos os seguidores do blog da biblioteca.
Este curso traballaremos sobre a idea: "Aprender creando, creando para aprender".
As actividades xirarán arredor do mundo das artes: arquitectura, danza, escultura, literatura, música, pintura.