lunes, 10 de febrero de 2014

ORIENTACIÓN ESCOLAR 2013/14

 Programa no que podedes ter acceso á información actualizada sobre os graos universitarios, notas de corte, títulos de FP.....Tamén a cuestionarios de intereses profesionais que vos axudaran a escolleren aqueles estudos que mellor se adapten aos vosos intereses e aptitudes.




viernes, 31 de enero de 2014

¡ Non se pode dicir mellor !


Viñeta de Erlich en EL PAIS do 31 de xaneiro de 2014.
A ver ata cando segue tendo actualidade.

As vantaxes dos amantes da lectura.

Artículo moi interesante aparecido no HUFFINGTON POST do diario EL PAIS.





miércoles, 30 de octubre de 2013

PRESENTACIÓN DO SAMAÍN

Presentación sobre a historia do SAMAÍN feita por alumnado do IES Porto do Son.

lunes, 28 de octubre de 2013

martes, 1 de octubre de 2013

ANUNCIO PARA CONMEMORAR OS 300 AÑOS DA RAE

A Academia da Publicidade  felicitou á RAE polos seus trescentos anos de existencia con este anuncio.

lunes, 30 de septiembre de 2013

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2013/14: "BERGONDO NUN CONTO"

Neste curso a campaña de animación á lectura que propoñemos dende a Biblioteca titúlase "BERGONDO NUN CONTO". 

Percorreremos as parroquias de Bergondo para que todo o alumnado coñeza as paisaxes, flora, fauna, recursos económicos, festas, tradicións... Ao mesmo tempo trataremos de recoller información sobre o pasado do noso concello: lendas, xogos, adicación da súa poboación, emigración, utensilios de labranza...

Coa intención de descobrir como foi cambiando o noso municipio. Deseñaremos distintos itinerarios cos que iremos facendo un traballo de campo, para logo facer o estudio na aula. Recuncho de libros: en anos anteriores fixemos exposicións de libros e materiais en colaboración cos distintos departamentos didácticos: "Matemáticas divertidas", "Física en acción", "De onte a hoxe", "A cor da música", "Libros de arte", "Historias de América", "Contos de África". 
Neste curso faremos exposicións de libros que falen de lugares de Bergondo. Ademais de libros dos autores que naceran, vivan ou estean relacionados con este concello.