lunes, 18 de diciembre de 2017

AGASALLOS DO SAMAÍN

O alumnado do CPI Cruz do Sar participou activamente nas diferentes actividades do Samaín. Así os nenos e nenas de primeiro, segundo e algún de terceiro de Primaria fixeron uns debuxos que metían medo! Hoxe recibiron un pequeno agasallo pola súa participación.
Pouco a pouco iremos colgando o resto de fotos e os gañadores do concurso de relatos.








viernes, 15 de diciembre de 2017

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Outro ano máis chega o CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA!! Consiste en retratar elementos da vida cotiá que estean relacionadas coas matemáticas. Esta relación pode resultar evidente (figuras xeométricas) ou algo máis difícil de ver (neste caso deberá xustificarse a imaxe cun texto explicativo que ben pode ser un título, un pé de foto, un enunciado, ...).
Apúntate e consulta as bases na biblioteca durante o mes de decembro.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

ACTIVIDADES PARA O NADAL

O Equipo de Dinamización Lingüística xunto coa biblioteca propón as seguintes actividades para o Nadal: 








CONCERTO BENÉFICO (CÁRITAS de BERGONDO)

O domingo 17 de decembro  terá lugar un concerto benéfico a favor de CÁRITAS de BERGONDO a cargo de "Bea a de Estrella". Será no Mosteiro de San Salvador de Bergondo ás 18:00h.

Aquí vos deixamos toda a información por se queredes colaborar. Animádevos!!



martes, 21 de noviembre de 2017

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación impulsou a celebración anual do mes de novembro como Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares.
Esta actuación iniciouse coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de manifesto do científico galego Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago.
Nós montamos varias exposicións polos corredores do colexio. Esperamos que vos gusten.









DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (20 de Novembro)

     É o Día Universal da Infancia desde 1954 pero tamén é o aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos en 1959.
Establece unha serie de dereitos como os relativos á vida, saúde, educación e xogar, así como o dereito á vida familiar, a estar protexidos da violencia, non discriminación, que se escoiten as súas opinións, ...
O alumnado do CPI Cruz do Sar realizou varios murais que lembran esta data: a firma da Convención sobre os Dereitos dos Nenos (1989).