lunes, 24 de octubre de 2016

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe celébrase o Día internacional da biblioteca. A nosa biblioteca está unida indisolublemente a un nome: LOLI. 

O seu traballo no ámbito da biblioteca coñecémolo todos e todas, tamén fora do noso colexio. 

Traballadora incansable, organizadora de actividades,  inesgotable fonte de ideas  ao longo de todos estes anos á fronte do equipo da biblioteca do CPI Cruz do Sar.
Con Loli á fronte do equipo traballamos para conseguir que a biblioteca sexa un lugar de lecturas, traballo, investigación, actividades diferentes, recuncho de encontros,confidencias e emocións, risas, bágoas...

Este curso, a partir de decembro, recolleremos o testigo do seu traballo. Non vai ser moi fácil pero tentaremos manter o nivel.

Un abrazo inmenso para ti, LOLI, dos teus compañeiros e compañeiras e en especial do equipo da Biblioteca.




viernes, 21 de octubre de 2016

"A ÁRBORE DA ESCOLA"

Este mércores, 19 de outubro tivo lugar na libraría “Moito Conto” de A Coruña, a presentación do libro “A Árbore da escola”, do escritor e ornitólogo coruñés Antonio Sandoval. Tamén contou coa colaboración do músico Paco Nogueiras.

Editado por Kalandraka e ilustrado por Emilio Urberuaga (Premio Nacional), conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.

Unha historia que, xunto co colorido das ilustracións, fará gozar aos lectores máis pequenos.


Nas próximas semanas Antonio Sandoval visitará o CPI Cruz do Sar  para presentarlle o seu libro aos máis pequenos.



miércoles, 19 de octubre de 2016

domingo, 9 de octubre de 2016

OUTUBRO 2016: MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis, as mochilas viaxeiras da biblioteca do CPI CRUZ DO SAR comezan o seu percorrido polas casas dos nosos alumnos e alumnas de E. Primaria. Esta viaxe durará todo o curso, e cada mochila permanecerá aproximadamente unha semana en cada casa.


As mochilas viaxeiras levan libros de lectura, divulgativos, revistas, DVDs e películas adaptadas aos niveis dos alumnos para que compartan as súas lecturas en familia.


Dentro das mochilas tamén van os cadernos nos que os nenos e nenas acompañados das súas familias escriben as súas impresións sobre esta actividade, comentan sobre o que lles pareceu a selección dos material, fan algún debuxo ou comentario sobre algún libro en concreto, suxiren ideas para o próximo ano… Así entre todos colaboramos na formación dos lectores e lectoras máis novos.

OBRAS NA BIBLIOTECA

Definitivamente estamos en obras!.
Imos  cambiar o chan da biblioteca e incorporar unha aula contigua. Non só poñer táboas novas  senón tamén derrubar tabiques…
Xa comezamos a recolocar libros e andeis, pretendemos abrir provisionalmente a biblioteca se podemos manter un mínimo de espazo e orde.



domingo, 2 de octubre de 2016

Os libros de Agustín Fernández Paz

Os nosos libros de Agustín Fernández Paz on PhotoPeach

viernes, 30 de septiembre de 2016

UN NOVO CURSO

Comezamos un novo curso con ideas novas e renovadas ganas de traballar.

Estamos organizando a campaña de animación á lectura: "E ti quen vés sendo?" que pensamos que dará moito de si, con múltiples posibilidades para traballar dende diversos puntos de vista dependendo das idades e intereses dos rapaces e das materias desde as que se queira abordar.

Neste primeiro trimestre lembraremos a Agustín Fernández Paz.
Recopilamos a súa bibliografía  e preparámola para que os alumnos e profesores poidan acceder a ela fácilmente.