martes, 27 de junio de 2017

A DEBATER! PLAN PROXECTA

Co pretexto de participar no concurso de debate Parlamentoxove que convoca a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, creouse unha actividade planificada para o alumnado de 4º ESO coa intención de potenciar os recursos de oratoria e argumentación. En diferentes momentos do curso puxéronse en práctica actividades para asentar habilidades de oratoria, identificación da estrutura do debate formal e recursos e estratexias de discusión organizada. Os documentos que se engaden son unha síntese desa planificación.





viernes, 23 de junio de 2017

ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe entregamos os premios dos seguintes  concursos: postais de Nadal, Fotografía Matemática, Pregunta do Día e Música. Noraboa a tod@s os participantes!! Animádevos a participar o vindeiro curso!!










martes, 20 de junio de 2017

RELATOS DE CARLOS CASARES

Vídeos do alumnado de 4º de ESO nos que se adaptan relatos da obra de Carlos Casares "Vento ferido".

O XOGO DA GUERRA 1. VIDEO

O XOGO DA GUERRA 2. VIDEO

MONÓLOGO

AGARDA LONGA AO SOL

TEXTOS nos que se basean estes vídeos

CANDO CHEGUEN AS CHUVIAS



domingo, 18 de junio de 2017

GAÑADORES FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

No edificio principal están expostos os traballos que participaron no concurso "Fotografía Matemática". Noraboa os gañadores!!
Esperamos contar coa vosa participación o vindeiro ano.








GAÑADORES DO CONCURSO "PREGUNTA DO DÍA"

Xa temos os gañadores do concurso "Pregunta do Día". Noraboa a tod@s!!
Esperamos contar coa vosa participación o vindeiro ano.








martes, 13 de junio de 2017

ROALD DAHL

O 13 de setembro cumpriuse o primeiro centenario do nacemento do escritor galés Roald Dahl, famoso por escribir para nenos e adultos.
Montamos unha exposición cos seus libros máis populares, entre os que están: Charlie e a fábrica de chocolate, James e o melocotón xigante, Matilda e As bruxas.


O alumnado de segundo, terceiro e cuarto de Primaria fixo dúas fichas, preparadas polo equipo de biblioteca, para afondar na súa obra.  Tiveron que buscar e extraer a información do panel montado para tal fin.



OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES

Organizado polo departamento de Orientación do CPI Cruz do Sar para o alumnado de 3º de ESO. Neste obradoiro o alumnado tivo a oportunidade de elaborar diferentes receitas de  combinados  a base de froitas e vexetais.