miércoles, 5 de julio de 2017
CAMPAÑA BIBLIOTECA CURSO 2017-2018
O tema ao redor do que xirará a campaña de animación á lectura e o traballo por proxectos do próximo curso xa está escollido: A moda.
Agora precisamos da vosa axuda para escoller o título da campaña.
Aínda que o tema é moi amplo e versátil, pensamos que o título debe ser escollido con coidado.
Aí vos deixamos algunhas ideas. Esperamos novas suxestións, ou que elixades un dos títulos propostos nesta lista a través dos comentarios a esta entrada . Se vos resulta moi complicado comentar a entrada, enviade un correo.
- É a túa moda!
- Moda, esquece o resto.
- A moda é a túa amiga
- A moda eclipsa ó resto.
- Salvado pola moda!
- A moda da túa vida!
- Moda, o conto de nunca acabar.
- O efecto moda
- Moda, o segredo.
- O poder da moda.
- Inspírate coa moda.
martes, 27 de junio de 2017
A DEBATER! PLAN PROXECTA
Co pretexto de participar no concurso de debate Parlamentoxove que convoca a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, creouse unha actividade planificada para o alumnado de 4º ESO coa intención de potenciar os recursos de oratoria e argumentación.
En diferentes momentos do curso puxéronse en práctica actividades para asentar habilidades de oratoria, identificación da estrutura do debate formal e recursos e estratexias de discusión organizada. Os documentos que se engaden son unha síntese desa planificación.


viernes, 23 de junio de 2017
ENTREGA DE PREMIOS
Hoxe entregamos os premios dos seguintes concursos: postais de Nadal, Fotografía Matemática, Pregunta do Día e Música. Noraboa a tod@s os participantes!! Animádevos a participar o vindeiro curso!!
martes, 20 de junio de 2017
RELATOS DE CARLOS CASARES
Vídeos do alumnado de 4º de ESO nos que se adaptan relatos da obra de Carlos Casares "Vento ferido".
O XOGO DA GUERRA 1. VIDEO
O XOGO DA GUERRA 2. VIDEO
MONÓLOGO
AGARDA LONGA AO SOL
TEXTOS nos que se basean estes vídeos
CANDO CHEGUEN AS CHUVIAS
O XOGO DA GUERRA 1. VIDEO
O XOGO DA GUERRA 2. VIDEO
MONÓLOGO
AGARDA LONGA AO SOL
TEXTOS nos que se basean estes vídeos
CANDO CHEGUEN AS CHUVIAS
domingo, 18 de junio de 2017
GAÑADORES FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
No edificio principal están expostos os traballos que participaron no concurso "Fotografía Matemática". Noraboa os gañadores!!
Esperamos contar coa vosa participación o vindeiro ano.
Esperamos contar coa vosa participación o vindeiro ano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












