lunes, 2 de octubre de 2017

É HORA DE LER!

Hoxe comezamos o empréstito nos recreos, un momento que todos e todas estabades esperando.
Lembrade que podedes vir buscar ese libro favorito ou que tes gana de ler, facer algún exercizo que esqueciches na casa, estudar ou repasar para o examen que hai despois, coller unha película ou mesmo montar un Lego ou un puzzle...
Só tedes que dar o número de carné para realizar o empréstito.

Esperámosvos con moitas sorpresas e novidades!!













martes, 26 de septiembre de 2017

UN TOQUE DE COR

O curso pasado, o alumnado de quinto de Educación Primaria, apareceu unha mañá pola biblioteca para "traer de volta" o caixón onde gardamos as cartolinas.
Ofrecéronse a pintalo e déronlle un toque de cor. Quedou moi bonito.
Moitas grazas chic@s!




lunes, 25 de septiembre de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS

Hoxe empezou a formación de usuarios da nosa biblioteca, dirixida ao alumnado de Educación Primaria, que terá lugar ao longo de toda a semana.
A través dunha presentación en PowerPoint faise fincapé en aspectos esenciais como as partes dun libro, clasificación dos tejuelos, onde atopar un libro axeitado para cada idade, CDU, ... logo complétase cunha serie de sinxelas actividades que lles permitan coñecer un pouco máis como funciona o servido de empréstito e os diversos recursos que pode ofrecer a biblioteca do  centro.
































domingo, 24 de septiembre de 2017

NOVIDADES DE SETEMBRO

Pouco a pouco imos collendo o ritmo de traballo tras as vacacións. Aproveitamos o verán para renovar a zona dos cómics, ademais de estrear unhas letras decorativas para a súa promoción, e engadimos novos títulos á sección de animais.


Algúns dos cómics que podedes atopar son:






Os libros novos para a sección de animais son os seguintes: 




 

Esperamos que vos gusten!!

jueves, 21 de septiembre de 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

"Aprender  a pensar coa biblioteca escolar" é o lema que escolleu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para os materiais que edita a comezos do curso 2017 / 2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado de realizar a interpretación gráfica do lema anual.


Se queredes ler máis, podedes consultar o seguinte enlace de Bibliotecas Escolares de Galicia.  


martes, 19 de septiembre de 2017

VOLTA AO COLE

Remataron as vacacións de verán e estamos de volta no CPI Cruz do Sar e na nosa biblioteca con moitas ganas e ilusión.
Está de moda imaxinar, soñar, resolver, analizar, ...Estás de moda TI!

Benvid@s ao novo curso escolar 2017/2018!


martes, 12 de septiembre de 2017

TEATRO EN FRANCÉS

No dejéis de ver la obra  de teatro que el alumnado de francés  representó para la fiesta de fin de curso: "Le malade imaginaire" de Molière.
Esperamos que disfrutéis  tanto de ella como nosotros preparándola. 

Et....Que vive le théâtre!