SAMAÍN 2008
Un ano máis gran participación no noso Samaín. Realizáronse decoracións de cabazas verdadeiramente espectaculares.
Aquí podedes ver fotografías da mostra realizada na aula de plástica.
http://picasaweb.google.es/biblio680/SAMAN200802#
Tamén vos facemos partícipes dun poema que escribiu unha compañeira vosa.
CABACIÑA
Sonche unha cabaza,
moito medo intento dar,
pero a mín o que máis me gusta
é escribir, bailar e pintar.
Todos se rin de min,
(eu non paro de chorar),
pero estou ata as orellas
de tanto ter que asustar.
Vouvos decir un segredo,
a ninguén llo debedes contar,
se queredes facer moitos amigos
tedes que sempre rir e
nunca chorar porque sí.
Despois de esto confesar
veredes os meus ollos, boca e nariz brilar,
non vos quero asustar,
pero se levades un susto de espanto
a mín tanto me ten como tanto me dá.
Lucía Regueiro Mosquera
No hay comentarios:
Publicar un comentario