Xa está en marcha a campaña de fomento da lectura denominada "A mochila viaxeira". Con ela pretendese achegar os fondos bibliográficos aos alumnos e as súas familias. Neste momento hai doce mochilas viaxeiras que estarán na casa de doce alumnos de primaria durante unha semana. As mochilas levan libros adecuados ao nivel educativo do alumno e tamén se inclúen algúns libros destinados aos pais ou familiares do alumno.
Esperamos que esta iniciativa teña o éxito para o que foi deseñada e favoreza o coñecementos dos fondos da nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario