miércoles, 10 de octubre de 2018

PRÉSTAMO NOS RECREOS

A finais da semana pasada, os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro de Primaria baixaron á biblioteca. 
Alí explicáronlles como tiñan que facer para emprestar ou devolver un libro, como colocalos no seu andel correspondente, como localizar os libros axeitados á súa idade, cómics, películas, ...O préstamo para o alumnado de primeiro e segundo é feito de xeito manual polos voluntarios da biblioteca; mentres que o de terceiro é informatizado pero coa colaboración dos axudantes que temos. 
Ademais, fíxolles moita ilusión recoller os seus carnés e, sobre todo, que a biblio volvese abrir despois do verán. 




lunes, 8 de octubre de 2018

MOCHILAS VIAJERAS

Xa saíron as mochilas viaxeiras rumbo ás casas dos nenos e nenas. Levan unha selección de libros (en galego, castelán e inglés) e unha revista e película feita polo equipo de biblioteca.
Esperamos que vos gusten e gocedes delas en familia! 
















COMEZA UN NOVO CURSO 2018-2019

Xa estamos de volta!!
Comezou un novo curso e este ano, o proxecto que plantexamos desde a nosa biblioteca leva por título " O futuro nas túas mans". 
Aproveitamos os primeiros días de colexio para organizar unha parte do traballo do trimestre: preparamos as mochilas viaxeiras, fixemos os carnés dos novos usuarios,  revisamos as bibliotecas de aula, buscamos axudantes de biblioteca, etc.
Pouco a pouco iremos  collendo ritmo! 


EXPOSICIÓN FINAL E VISITA DO CRA

Pechamos o curso pasado coa exposición final da campaña "Está de moda..." que recolle os traballos que elaboraron os diferentes niveis de primaria e secundaria. 
Como cada ano, recibimos a visita do alumnado das escolas unitarias que forman o CRA de Bergondo que o vindeiro ano estarán con nós. Eles tamén quixeron expoñer o que traballaron. 

Moitas grazas a tod@s!


















VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

O curso pasado participamos no programa "Voluntariado escolar na biblioteca" para o alumnado de primaria e secundaria. Tivo gran acollida entre os rapaces que axudaron a decorar, facer os empréstitos e devolucións, buscar e colocar os libros nos diferentes andeis, forrar, ... Esperamos poder repetir o vindeiro curso. 

Moitas grazas a tod@s!! 



ENCONTRO CUNHA ESCRITORA: CRISTINA BARRIO

O curso pasado, Cristina Barrio, mestra xubilada do CPI Cruz do Sar, pasou unha mañá cos nenos e nenas de quinto de primaria que descubriron a súa faceta literaria. Leron varios relatos do seu libro "Totum Revolutum", fixéronlle algunhas preguntas e reflexionaron con ela sobre diferentes aspectos da vida.