jueves, 26 de mayo de 2011

GAÑADORES DO VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

















O sexto concurso "A pregunta do día" foi, como sempre, un gran éxito de participación. As distintas fases foron moi disputadas e, ao remate, estes foron os gañadores.


CATEGORIA A: (3º ciclo de Primaria)


EQUIPO CHUPA CHUPS, formado por Jesús Lamas Muiño, Lucía Mosquera Suárez, Daniel Quintás López e Arantxa Ramos Ponte de 6º B.


CATEGORÍA B: (1º ciclo de ESO)


EQUIPO PAULAyANDREA, integrado por Paula Amor Villar de 1ºB e Andrea Sánchez Villar de 2ºB.


CATEGORÍA C: (2º ciclo de ESO)


EQUIPO AHÁ, AHÁ, AHÁ: composto por Bruno González Herce de 4ºA e Antón Mosquera Suárez de 4ºB.







miércoles, 11 de mayo de 2011

lunes, 9 de mayo de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

...xoves 11 de maio


Este pintor veneciano do Renacemento pinta un cadro inspirándose no segundo libro de As metamorfoses do poeta latino Ovidio: Zeus, convertido en touro branco, rapta a unha princesa fenicia.
Como se titula o cadro? Quen é o seu autor?

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

...mércores 11 de maioQue linguas de Europa non pertenecen á familia indoeuropea?

VI CONCURSO "A PALABRA DO DÍA"

...martes 10 de maio

A nacionalidade do inventor deste xogo é a mesma que a dun famoso príncipe que da título a unha coñecida traxedia do dramaturgo inglés William Shakespeare. Cal é o título desta obra?












No apartado dos álbumes xa podes ver as fotos do Día do Libro.

domingo, 8 de mayo de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

... luns 9 de maio

O autor desta composición romántica quixo mostrar o seu amor hacia o seu país natal. De que compositor e de que país se trata?

jueves, 5 de mayo de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

Cal é o país máis pequeno de Europa?

miércoles, 4 de mayo de 2011

IV CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

De que países son típicos estes doces?

A) KROWKI
B) LENTIKI
C) ERRASCHUNG EIER
D) STROOPWAFEL

martes, 3 de mayo de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

En que cidade/país do Báltico atopase un museo adicado a este material orgánico utilizado en xoiería, feito de resina de coníferas fosilizada hai máis de corenta millóns de anos e que pode conter plantas, insectos e incluso reptís?

VI CONSURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

... luns 2 de maio

Cal é o volcán activo máis alto de Europa?