miércoles, 8 de mayo de 2019

TRASLADÁMONOS!!

Por cuestións técnicas tivemos que mudar de enderezo web.
Para seguir as novas da biblioteca e do CPI CRUZ DO SAR 
preme no seguinte enlace:

jueves, 11 de abril de 2019

BEGA-ELBE.2. Información básica


ELBE.2 é un proxecto piloto que se desenvolve en 50 centros pertencentes ao PLAMBE, dando continuidade a unha primeira fase ELBE, de incorporación experimental de equipamento para a lectura dixital na biblioteca escolar.


ONDE SE PODE LER?

- No noso móvil ou tablet, para o que haberá que ter instalada a APP Bega-elbe2.

- No ordenador personal, a través da Windows App, bega-elbe2, ou descargandoo nun lector de libros electrónicos.

- Online, dende o navegador.


PRIMEIROS PASOS
Desde a caixa de busca podemos realizar buscas directas por autor, título... e tamén podemos empregar os filtros rápidos desde o despregable dispoñible na mesma caixa.

Unha vez realizada a primeira busca, aparecerán máis opcións de fltrado no lateral esquerdo da plataforma, onde podemos ver o número de títulos dispoñibles en cada apartado, e seguir filtrando polas opcións dispoñibles: editorial, autor, materia, ano de publicación, idioma...

Unha vez localizado o título do noso interese, podemos acceder á súa ficha e dispoñer de máis información como o ano de publicación, resumo, ISBN.


Para acceder ao préstamo pulsamos no botón Prestar.
No caso de que todos os exemplares estean a ser utilizados por outros usuarios, aparecerá o botón Reservar, e non podemos realizar o préstamo nese momento.
Ao pulsar ese botón (Reservar), recibiremos un aviso cando estea dispoñible para o préstamo. 


Nesta pantalla destacan dous botóns:

Prestar: Se prememos sobre este botón pedirásenos que nos autentiquemos para poder así ter o título en préstamo. Así o título queda asociadoen préstamo á conta do usuario.


DESCARGA DE LIBROS DENDE A PLATAFORMA BEGA-ELBE2

jueves, 7 de marzo de 2019

LOLI

Cheguei ao CPI Cruz do Sar no ano 2004, recén aprobada a oposición e, aparte dun grupo estupendo de compañeiros e compañeiras, descubrín unha biblioteca dinámica, viva, que realmente funcionaba.
Por suposto, alí estabas TI, organizándoo todo e animándome a unirme á tarefa. Non o pensei. 
Sabía que co teu empurrón, a túa forza e capacidade de traballo, nada podía fallar e non me equivoquei. 

A nosa biblioteca está unida indisolublemente a un nome: LOLI. O seu traballo é coñecido por todos incluso fóra do ámbito do noso centro. Traballadora incansable ao longo de todos estes anos á fronte do equipo da biblioteca do CPI Cruz do Sar. 

Organizaches contacontos, concursos, semana da poesía, encontros con autores, ...Conseguiches que a nosa biblioteca sexa un lugar de lecturas, traballo, investigación, recuncho de emocións, risas, bágoas, ...Recollimos o testigo do teu traballo e non foi sinxelo pero ahí estamos, tentando manter o nivel. 

Neste momento, sobran as palabras, e só podemos expresar a admiración e o cariño que temos por ti cunha soa palabra, sinxela, curta, pero dita desde o corazón e a alma:


GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS! 


Ana e Eli


martes, 26 de febrero de 2019

AMOR Á LECTURA!

Déixate envolver polo amor á lectura e colle algún dos libros e películas que seleccionamos para celebrar San Valentín. Anímate! 


miércoles, 6 de febrero de 2019

martes, 5 de febrero de 2019

1 DE FEBREIRO: DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA

Desde o ano 2010, a Asociación Lit World promove o 1 de febreiro como a conmemoración anual do Día da Lectura en Voz Alta. É unha chamada de atención sobre a importancia desta práctica de lectura no desenvolvemento da linguaxe, o amor pola lectura e o fortalecemento de hábitos persoais. 

Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia podedes atopar máis información desta data  http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

Tempo para a lectura dun curso de quinto de primaria na nosa biblioteca.




FELIZ DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA! 

viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz. O alumnado voluntario de quinto de Primaria que nos axuda na biblioteca, preparou un contacontos para os máis pequenos (de primeiro a terceiro de primaria).

O conto elexido foi "A bruxa Discordia. Cancións para a paz" da Editorial Galaxia. Carmen Gil e Mamá Cabra únense para contar e cantar esta divertida historia.  Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz, facendo que todos os animais e os humanos se leven mal. Come olivas como unha tola pero un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo para sempre....




Fixérono MOI BEN!!! Moitras grazas pola vosa colaboración!!! 


Ademais, xunto co Equipo de Dinamización e Normalización Lingúística, o alumnado de Primaria e Secundaria participou na construción dun muro para a paz no edificio principal. No seu correspondente ladrillo, escribiron unha palabra, frase ou nome dun personaxe relacionado co tema. Unha vez preparada a peza tiveron que colocala para ir construíndo pouco a pouco o muro. 




viernes, 18 de enero de 2019

INMERSOS NA NATUREZA

Onte levouse a cabo unha actividade combinada co alumnado de 3º e 5º de primaria na biblioteca. 
O alumnado de quinto preparou información sobre a clasificación das follas segundo os diferentes aspectos (forma, bordo, nervios, disposición no talo..). Elaboraron uns carteis nos que se amosaban os diferentes tipos de follas con exemplos. 
Os nenos de terceiro baixaron con cadansúa folla e foron pasando polos diferentes grupos onde o alumnado lle foi explicando para que clasificasen a súa folla. 

Gran traballo en equipo! Hai que repetir! 







NOVOS ESPAZOS NA BIBLIOTECA

Os novos espazos da nosa biblioteca permiten levar a cabo todo tipo de actividades, grazas á zona aberta e diáfana da grada. Ademais, temos unha pantalla dixital interactiva que lles encanta!

Aquí tedes unha mostra dalgunhas delas...

* Os nenos e nenas de segundo de primaria leron o libro "Hermanos" de Rocío Bonilla (Ed. Algar). Un libro para tratar a relación entre irmáns de diferentes idades. Móstranos ese "amor-odio" dende as dúas perspectivas: a do irmán e a da irmá.  





* Tamén xogaron cos LEGOs, unha ferramenta que pode axudar a mellorar as habilidades motoras e mentais, ademais de aumentar a concentración e fomentar a creatividade.  É apta para nenos e adultos e ofrece posibilidades infinitivas...





* Os rapaces de terceiro de primaria dan a clase de matemáticas neste novo espazo. É máis divertido facer multiplicacións na pantalla interactiva! 




* O alumnado de quinto de primaria aproveitou a hora de ler para baixar a biblioteca. Están lendo "As peripecias de Extravaganzza Pérez".





NADAL NO CPI CRUZ DO SAR

Como cada ano, desde a Biblioteca, mandamos ás casas das familias a guía das recomendacións lectoras para agasallar nestas datas. 

Esperamos que vos gusten! 




 




Máis relatos terroríficos

No concurso de relatos terroríficos tamén se premiaron traballos en L. Castelá e en L. Inglesa, para animar á participación do alumnado.
Estes son son os premiados. Noraboa!





martes, 15 de enero de 2019

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Durante todo o mes de novembro celebrouse o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Nós tamén quixemos unirnos e, dende a Biblioteca e Dinamización Lingüística, propuxemos a creación dun gran abecedario científico para facer un mural xigante que se montou no edificio principal. 


O traballo consistiu en que cada grupo preparase, a través da búsqueda de información na biblioteca, a biografía e traballo dun ou varios científicos da letra que se lles asignou. 





O alumnado de ESO seguiu a proposta da profesora de matemáticas: a creación dun poema utilizando términos matemáticos. Non tiveron límite de extensión, so a recompensa de recibir 0,25 puntos máis na avaliación final de dúas asignaturas: matemáticas e lingua. 
Fixeron un cartel promocional: "Mates e lingua únense para crear o concurso do ano: o poema matemáticco".
Puxeron a proba os seus coñecementos e desafiaron as súas dotes creativas...