miércoles, 2 de abril de 2008

ÚLTIMAS ACTIVIDADES
O pasado día 14 de marzo os nosos compañeiros de 3º
de Primaria representaron o conto de CARAPUCHIÑA no auditorio da Senra.
Felicitacións a todos os actores e actrices polas súas interpretacións.
http://picasaweb.google.es/biblio680/BLOG2?authkey=iiyEkHOL-Ck



Nestes días tamén estamos a entregar os novos trípticos coa normativa da Biblioteca a todo o alumnado do centro.


http://picasaweb.google.es/biblio680/BLOG3?authkey=b4PIB0NRUX8


O martes, 1 de abril, organizada polo Equipo de Normalización e dinamización Lingüística e o Departamento de L. Galega e Literatura, o alumnado de secundaria asistiu a unha conferencia do profesor Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a Normalización Lingüística e sobre a súa obra teatral "COMEDIA BÍFIDA".


Esta comedia é a obra seleccionada como lectura obrigatoria polo profesorado de L. Galega.

No hay comentarios: