martes, 28 de octubre de 2008

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2008

Agustín Fernández Paz
Nado en Vilalba. Escritor e pedagógo. Un dos autores galegos máis lidos de todos os tempos.
Este ano foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil , co seu libro " O único que queda é o amor".
Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscara e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa.
Na biblioteca tes ao teu dispór moitas das súas obras.

No hay comentarios: