miércoles, 21 de diciembre de 2016
martes, 20 de diciembre de 2016
sábado, 17 de diciembre de 2016
miércoles, 14 de diciembre de 2016
Estrañando a biblioteca
Durante o primeiro trimestre a biblioteca está pechada polas obras e moitos rapaces achéganse aos libros en calquera recuncho que os coloquemos.
sábado, 26 de noviembre de 2016
20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
viernes, 25 de noviembre de 2016
MALETAS VIAXEIRAS CARGADAS DE CIENCIA EN GALEGO
As maletas viaxeiras da asesoría de bibliotecas escolares chegaron neste mes de novembro ao CPI Cruz do Sar cargadas de libros de ciencias e matemáticas en galego.
Con estes libros e con fondos da nosa biblioteca montamos unha exposición para animar á celebración do "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas" .
Esta exposición irase completando con actividades prácticas levadas a cabo polo alumnado do centro.
miércoles, 9 de noviembre de 2016
AGASALLOS PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA
Para
celebrar este día: un agasallo!.
Devolvemos
aos participantes na actividade do Día do Libro: “Presume de ler... e déixate
ver, a foto que enviaron. Devolvémola con todo o agradecemento e para animalos
a colaborar en próximas convocatorias de actividades da biblioteca.
SEGUIMOS A CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Para celebrar o Día das bibliotecas escolares e comezar
con este traballo, fixemos unha mostra da súa obra no patio do colexio, onde toda a comunidade
educativa puidera acercarse a coñecela.
lunes, 24 de octubre de 2016
HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Hoxe celébrase o Día internacional da biblioteca. A nosa biblioteca está unida indisolublemente a un nome: LOLI.
O seu traballo no ámbito da biblioteca coñecémolo todos e todas, tamén fora do noso colexio.
Traballadora incansable, organizadora de actividades, inesgotable fonte de ideas ao longo de todos estes anos á fronte do equipo da biblioteca do CPI Cruz do Sar.
Con Loli á fronte do equipo traballamos para conseguir que a biblioteca sexa un lugar de lecturas, traballo, investigación, actividades diferentes, recuncho de encontros,confidencias e emocións, risas, bágoas...
Este curso, a partir de decembro, recolleremos o testigo do seu traballo. Non vai ser moi fácil pero tentaremos manter o nivel.
Un abrazo inmenso para ti, LOLI, dos teus compañeiros e compañeiras e en especial do equipo da Biblioteca.
viernes, 21 de octubre de 2016
"A ÁRBORE DA ESCOLA"
Editado por
Kalandraka e ilustrado por Emilio Urberuaga (Premio Nacional), conta a
relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do
colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e ao afecto doutros compañeiros
que seguen o seu exemplo.
Unha historia que,
xunto co colorido das ilustracións, fará gozar aos lectores máis pequenos.
Nas próximas semanas Antonio Sandoval visitará o CPI Cruz do Sar para presentarlle o seu libro aos máis pequenos.
Nas próximas semanas Antonio Sandoval visitará o CPI Cruz do Sar para presentarlle o seu libro aos máis pequenos.
miércoles, 19 de octubre de 2016
domingo, 9 de octubre de 2016
OUTUBRO 2016: MOCHILAS VIAXEIRAS
Un ano máis, as mochilas viaxeiras da biblioteca do CPI CRUZ DO SAR comezan o seu percorrido polas casas dos nosos alumnos e alumnas de E. Primaria. Esta viaxe durará todo o curso, e cada mochila permanecerá aproximadamente unha semana en cada casa.
As mochilas viaxeiras levan libros de lectura, divulgativos, revistas, DVDs e películas adaptadas aos niveis dos alumnos para que compartan as súas lecturas en familia.
Dentro das mochilas tamén van os cadernos nos que os nenos e nenas acompañados das súas familias escriben as súas impresións sobre esta actividade, comentan sobre o que lles pareceu a selección dos material, fan algún debuxo ou comentario sobre algún libro en concreto, suxiren ideas para o próximo ano… Así entre todos colaboramos na formación dos lectores e lectoras máis novos.
OBRAS NA BIBLIOTECA
Definitivamente estamos en obras!.
Imos cambiar o chan da biblioteca e incorporar unha aula contigua. Non só poñer táboas novas senón tamén derrubar tabiques…
Xa comezamos a recolocar libros e andeis, pretendemos abrir provisionalmente a biblioteca se podemos manter un mínimo de espazo e orde.
domingo, 2 de octubre de 2016
viernes, 30 de septiembre de 2016
UN NOVO CURSO
Comezamos un novo curso con ideas novas e renovadas ganas de traballar.
Estamos organizando a campaña de animación á lectura: "E ti quen vés sendo?" que pensamos que dará moito de si, con múltiples posibilidades para traballar dende diversos puntos de vista dependendo das idades e intereses dos rapaces e das materias desde as que se queira abordar.
Neste primeiro trimestre lembraremos a Agustín Fernández Paz.
Recopilamos a súa bibliografía e preparámola para que os alumnos e profesores poidan acceder a ela fácilmente.
martes, 28 de junio de 2016
miércoles, 15 de junio de 2016
martes, 14 de junio de 2016
domingo, 12 de junio de 2016
sábado, 11 de junio de 2016
jueves, 9 de junio de 2016
miércoles, 8 de junio de 2016
jueves, 26 de mayo de 2016
lunes, 23 de mayo de 2016
MOVIMENTO DE CÁMARA
VÍDEO EXPLICACIÓN DOS MOVIMENTOS DE CÁMARA FEITO POLO ALUMNADO E PROFESORADO DE 3º DE PRIMARIA.
3Movimiento camara from CPI CRUZ DO SAR on Vimeo.
3Movimiento camara from CPI CRUZ DO SAR on Vimeo.
ANGULACIÓN
TRABALLO SOBRE OS MOVIMENTOS DE CÁMARA NO CINE FEITO POLO ALUMNADO E O PROFESORADO DE 3º DE PRIMARIA.
2Angulacion 1280x720 3,78Mbps 2016-05-05 11-14-16 from CPI CRUZ DO SAR on Vimeo.
2Angulacion 1280x720 3,78Mbps 2016-05-05 11-14-16 from CPI CRUZ DO SAR on Vimeo.
domingo, 8 de mayo de 2016
jueves, 5 de mayo de 2016
martes, 3 de mayo de 2016
lunes, 25 de abril de 2016
sábado, 23 de abril de 2016
jueves, 21 de abril de 2016
miércoles, 20 de abril de 2016
PREGUNTA DO DÍA Nº 8 (20 DE ABRIL)
O director de cine José Luís Cuerda, levou ao cine o relato
“A língua das bolboretas”, de que obra forma parte e
cal é o nome completo do seu autor?.
“A língua das bolboretas”, de que obra forma parte e
cal é o nome completo do seu autor?.
RESPOSTA Á PREGUNTA Nº 7
Hogwarts School of Witchcraft and Wizardry
Colegio Hogwarts de Magia y Hechicería
Escocia, Reino Unido
Colegio Hogwarts de Magia y Hechicería
Escocia, Reino Unido
martes, 19 de abril de 2016
PREGUNTA Nº 7 (19 DE ABRIL)
Harry Potter tamén vai á escola.
Se queres escribirlle unha carta.
Que enderezo completo poñerías no sobre?
Se queres escribirlle unha carta.
Que enderezo completo poñerías no sobre?
lunes, 18 de abril de 2016
PREGUNTA Nº 6 (18 DE ABRIL)
O director galego Chano Piñeiro rodou en 1977 a película “Os paxaros
morren no aire”, inspirada na obra dun ilustre escritor galego.
Cal é a obra na que supostamente se inspirou e o nome completo do seu
autor?
viernes, 15 de abril de 2016
PREGUNTA Nº 5 (15 DE ABRIL)
Na película “ O bosque animado” de José Luís Cuerda, baseada na novela do
mesmo título do escritor coruñés Wenceslao Fernández ,que nome adopta o labrego
Xán de Malvís cando decide convertirse en bandido?
jueves, 14 de abril de 2016
PREGUNTA Nº 4 (14 DE ABRIL)
O actor
galego, Luís Tosar compartiu reparto con outro actor galego, tanto na serie da
TVG “Mareas Vivas” como na película
Celda 211.
Cal é o
nome completo dese actor?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)