lunes, 24 de octubre de 2016

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe celébrase o Día internacional da biblioteca. A nosa biblioteca está unida indisolublemente a un nome: LOLI. 

O seu traballo no ámbito da biblioteca coñecémolo todos e todas, tamén fora do noso colexio. 

Traballadora incansable, organizadora de actividades,  inesgotable fonte de ideas  ao longo de todos estes anos á fronte do equipo da biblioteca do CPI Cruz do Sar.
Con Loli á fronte do equipo traballamos para conseguir que a biblioteca sexa un lugar de lecturas, traballo, investigación, actividades diferentes, recuncho de encontros,confidencias e emocións, risas, bágoas...

Este curso, a partir de decembro, recolleremos o testigo do seu traballo. Non vai ser moi fácil pero tentaremos manter o nivel.

Un abrazo inmenso para ti, LOLI, dos teus compañeiros e compañeiras e en especial do equipo da Biblioteca.




No hay comentarios: