miércoles, 5 de julio de 2017

CAMPAÑA BIBLIOTECA CURSO 2017-2018


O tema ao redor do que xirará a campaña de animación á lectura e o traballo por proxectos do próximo curso xa está  escollido: A moda.
Agora precisamos da vosa axuda para escoller o título da campaña.
Aínda que o tema é moi amplo e versátil, pensamos que o título debe ser escollido con coidado.
Aí vos deixamos algunhas ideas. Esperamos novas suxestións, ou que elixades un dos títulos propostos nesta lista a través dos comentarios a esta entrada . Se vos resulta moi complicado comentar a entrada, enviade un correo.

- É a túa moda!
- Moda, esquece o resto.
- A moda é a túa amiga
- A moda eclipsa ó resto.
- Salvado pola moda!
- A moda da túa vida!
- Moda, o conto de nunca acabar.
- O efecto moda
- Moda, o segredo.
- O poder da moda.
- Inspírate coa moda.


2 comentarios:

Ana dijo...

Sen utilizar a palabra moda: "O que se leva"

Unknown dijo...

É a Túa moda ��