jueves, 25 de enero de 2018

MARTIN HUTCHINSON: "O CAMIÑANTE VERDE"

Martin Hutchinson é coñecido como "o camiñante verde" ou "o Forrest Gump" medioambiental. É un exbombeiro británico que leva doce anos recorrendo o planeta para concienciar a xente sobre os efectos nocivos da contaminación e o cambio climático. 
A súa peregrinación a pé empezou en Sudamérica para dar logo o salto a Europa que recorre nunha bicicleta. Non está só, leva un fiel compañeiro, o seu can Starsky que atopou abandonado na localidade lusa de Portimao e decidiu adoptalo.
Hoxe veu ao noso colexio para comentar as consecuencias directas que ten o desastre medioambiental sobre a nosa saúde. Os rapaces e rapazas fixéronlle varias preguntas que el contestou encantado. Starsky recibiu numerosas mostras de cariño por parte do alumnado.

MOITAS GRACIAS MARTIN!










1 comentario:

omundocativoe dijo...

Grazas a Martin e ao centro por ensiñarlles aos rapaces o verdadeiro amor pola natureza.Seguro que foi unha inspiracion e unha boa leccion de vida.Parabéns!!!!!