lunes, 26 de febrero de 2018

FILOMENA DATO MURUAIS

O alumnado da materia de Oratoria de segundo da ESO, participou na homenaxe a Filomena Dato Muruais organizado polo Concello de Bergondo xunto coa Real Academia Galega, a Deputación da Coruña e a Asociación Irmáns Suárez Picallo e Lisístrata.

O alumnado leu diferentes poemas da escritora que foron intercalando coas intervencións da actriz Ana Hermida,  a poeta bergondesa Dores Tembrás, o Presidente da RAG Víctor Fernández Freixanes e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra 
Pérez.

Esta iniciativa xurdiu para recordar a quen foi unha das autoras femininas e feministas de Galicia de finais do século XIX e tamén membro correspondente da RAG desde a fundación da institución en 1906.

O acto tivo lugar no cemiterio de Moruxo e concluíu co descubrimento dunha  escultura na honra de Filomena Dato Muruais, asinado por Francisco Escudero e a interpretación do Himno galego foi a cargo de Francisco Otero (Paco) xunto con retrato da autora prestado para a ocasión por descendentes da familia da homeneaxeada que participaron na celebración xunto a veciños e veciñas.










No hay comentarios: