miércoles, 22 de marzo de 2017

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2017

Se precisas ideas ou inspiración para participar neste concurso, non deixes de ver este video.
As bases e publicidade do concurso estarán nos taboleiros das clases e tamén na biblioteca.





BASES DO CONCURSO 


  • As fotografías deben ser orixinais
  • O traballo será individual
  • O traballo entregarase en formato A4, en papel ou en formato dixital. Tamén pode ser manuscrito e coa foto pegada pero mantendo o formato A4
  • O documento que se presenta ao concurso constarádos seguintes elementos: 
    • TÍTULO
    • FOTOGRAFÍA
    • PÉ DE FOTO OU EXPLICACIÓN DA RELACIÓN DA FOTOGRAFÍA COAS MATEMÁTICAS.
    • Todo isto estará nunha soa carilla do folio ou documento.
  • O tamaño , tipo e cor da letra empregada é libre.
  • A información sobre o autor (nome, curso e grupo) deberá constar no reverso do traballo.
  • Haberá un premio á foto gañadora de EP, e en ESO un premio á foto gañadora de cada ciclo.
 

No hay comentarios: