martes, 14 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA

Hoxe comezaron as actividades con motivo do Día da Poesía que terá lugar o vindeiro 21 de marzo.
Como ven sendo habitual, o alumnado de Secundaria le poemas aos máis pequenos,  os nenos e nenas de Primaria, que ilustrarán cos seus debuxos ditos versos.
Este ano adicamos o día a dúas poetisas: Gloria Fuertes, autora moi querida e popular ( o 28 de xullo celébrase o primeiro centenario do seu nacemento) e Gloria Sánchez, mestra de ensino primario especialista en lingua e literatura galega).
Aquí vos deixamos algunhas fotografías.













Aquí están algúns debuxos feitos polos rapaces e rapazas de Primaria despois de que o alumnado da ESO leu os poemas.


















No hay comentarios: