lunes, 5 de junio de 2017

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente. Ten como obxectivo impulsar a conciencia en relación co medio ambiente e as políticas adicadas á ecoloxía.
Nós quixemos celebralo por adiantado o venres pasado con Antonio Sandoval, autor  do libro "A árbore da escola".
Contounos o conto e fixo uns debuxos moi bonitos para cada clase. Tamén firmou un exemplar para cada aula.
 O alumnado do primeiro e segundo nivel de Primaria gozou coa actividade.
















No hay comentarios: