martes, 13 de junio de 2017

ROALD DAHL

O 13 de setembro cumpriuse o primeiro centenario do nacemento do escritor galés Roald Dahl, famoso por escribir para nenos e adultos.
Montamos unha exposición cos seus libros máis populares, entre os que están: Charlie e a fábrica de chocolate, James e o melocotón xigante, Matilda e As bruxas.


O alumnado de segundo, terceiro e cuarto de Primaria fixo dúas fichas, preparadas polo equipo de biblioteca, para afondar na súa obra.  Tiveron que buscar e extraer a información do panel montado para tal fin.



No hay comentarios: