domingo, 30 de noviembre de 2008

PREMIO CERVANTES 2008

O escritor barcelonés JUAN MARSÉ (1933) foi o galardonado este ano co Premio Cervantes que concede anualmente o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte español.
Este premio foi instituído no ano 1974 e a súa concesión faise a proposta das Academias da Lengua dos paises de fala hispana. Está recoñecido como o galardón literario máis importante en lingua castelá e está destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá que se destacara pola súa contribución a prol do patrimonio cultural hispánico. Xeralmente premiase a un español e un latinoamericano de xeito alternativo.

Está dotado con 90.450 euros e toma o seu nome do escritor Miguel de Cervantes y Saavedra, autor da que se considera a máis grande obra literaria en lingua castelá: " Don Quijote de la Mancha".

Juan Marsé empezou a publicar no ano 1959. Gañou varios premios literarios como o Premio Biblioteca Breve coa súa obra "Encerrados con un solo juguete" en 1961 e tamén en 1965 coa obra "Últimas tardes con Teresa"; o Premio Planeta no 1978 coa novela "La muchacha de las bragas de oro".
Outros títulos de obras súas son "La oscura historia de mi prima Montse","Si te dicen que caí " e "Ronda del Guinardó"
Si queres saber máis de Juan Marsé podes visitar a súa páxina web http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/marse/

No hay comentarios: